lunes, 23 de febrero de 2009

Descrición da ruta

Unha das rutas máis fermosa, comeza no cruce da estrada, descendendo a Pumares , onde se sitúa unha área recreativa con aparcamento e parrillas. O camiño atravesa o pobo de Pumares, onde se observan construcións típicas feitas de pedra e pizarra . Docemente o camiño carreteiro sube parello a o río, a sombra de unha tupida vexetación de árbores autóctonos. O sendeiro ascende ata o lugar onde se localiza a abandonada aldea de Ancandeira. Algunhos indicadores galonan o camiño , coma no caso de esta aldea, onde na antigüidade atopáronse moedas romanas.
Máis adiante metémonos, de novo, no bosque, onde hai centenarios castaños que nos acompañan certo tempo, o mesmo que un ruidoso río. O val estreitase máis arriba, cerrándose ó final, sendo este o lugar onde se encontra la maxestosa cascada de Seimeira, cuxas augas descólganse dunha considerable altura. O lugar sobrecolle pola súa natureza salvaxe que, en época outonal, cos cores ocre e verde da súa vexetación transforma este lugar no máis fermoso de tódolos Oscos.

Crónica

Hai lugares aos que tés que voltar e outros aos que desexas e queres voltar.
Esta última sensación é a que nos quedou o pasado domingo despois de facer a ruta a práctica totalidade dos membros de "Paso miúdo"
A saída quedou prevista para as nove da mañá de diante a a casa de cultura de Ferreira.Curiosamente,os que máis preto viven,foron os que máis tarde chegaron.....anque só uns minutiños.Cousas do tráfico,ou das sabas...
Fomos en bus.Dirección a Sta Eulalia de Oscos.A xeada de pola mañá facíanos prever un dia soleado como así foi.
Chegados ao destino,empezamos a ruta.Facía frío.Uns catro grados.Algúns ían algo frescos,anque todo era poñerse a andar.Eran as once da mañá.
Baixamos cara o río e despois de atravesar un fermoso barrio adicado ao turismo xa nos metemos de cheo en ruta.Camiñando por un primitivo camiño que unía a aldea de Ancandeira con Sta Eulalia.Era un camiño con Historia,con lenda,atravesando fragas e con vestixios de outrora.Muros,moas de afiar e pedras que ata parecía que falaban.
Non tardou en aparecer o sol,que aparte de dar calor,fixo sacar toda a súa beleza á paisaxe.Paisaxe que ia sorprendéndonos a todos
Despois de unha lixeira subida chegamos aos restos do que fora o lugar de Ancandeira. Algunhas casas derruídas e unha que se mantén en moi bo estado e que daba a entender que fora habitada ata non facía tantos anos.Seguindo o camiño atravesamos o que foran as hortas,as terras de labranza todas delimitadas con consistentes muros que marcarían propiedade e que protexerían do oso.Bancais ao son das dúas ribeiras do río,e as mentes de todos imaxinando a vida daquela en tán privilexiado lugar.
Unha lixeira baixada levounos a un souto fermoso.A parada fíxose obrigatoria.Non por cansazo,senón para recrearse naquel lugar coñecido como o val do desterrado´e salpicado por aquelas construcións primitivas que era os corripios.
Fascinados seguimos andando dando por feito de que era imposible mellorar o que víñamos de ver,pero un son moi forte de auga batendo,cada vez máis a medida que camiñabamos fíxonos cambiar de parecer.
Unha impresionante fervenza apareceu ante nós.Hai que vela.Sobran os comentarios.Todos quedamos abraiados.Alí se nos dixo que era coñecida como a seimeira.De aí o nome da ruta.
Iniciamos o regreso.Sopesouse a opción de subir a unha capela monte arriba pero declinamos a idea pois non daba tempo,e lonxe de facerse monótono o voltar polo mesmo camiño,todos desexábamos despedirnos de tanta beleza.A posición do sol cambiara e mesmamente parecía que iamos por recunchos novos.
Polas dúas da tarde chegamos de volta.O dia estaba fermoso.Chegara todo o rabaño,e os pastores(a directiva sempre pendente de todos)satisfeitos.Ata incluso tivemos dous guías de excepción.¿Ninguén se lembra dos dous cadeliños?
O xantar,un acerto,en Casa Pedro.Moi recomendable por atención,por calidade,cantidade e ubicación.Foi unha comida moi agradable.Nin que dicir ten que es paso miúdo se hai que andar ándase.Pero á mesa tamén cumprimos.
Todo o que empeza remata e chegou o regreso.Ás 18:30 estabamos de volta en Ferreira todos cun sorriso na cara e preguntando.¿Cando é a seguinte?.

Vémonos no camiño real.

Luís Miguel Yáñez.